Ir arriba
Revista Liceo Franciscano
Búsqueda de artigos

Normas para autores/as y colaboradores/as

  • A revista Liceo Franciscano só admite traballos orixinais. Os artigos poderán estar escritos en castelán ou en galego. O texto non pode ser enviado a outra revista mentres estea en proceso de revisión por parte do equipo editorial.
  • Os traballos orixinais deben versar sobre os seguintes temas: Historia, Historia franciscana, Historia de Galicia, Teoloxía Moral e Espiritual, Teoloxía Fundamental e Dogmática pastoral Sacras Escrituras, Filosofía e Ciencia das relixións, socioloxía e Igrexa, Arte e arte relixioso, Pedagoxía das ciencias sociais e da relixión, Antropoloxía e Ciencias xurídicas: Dereito canónico.
  • Os traballos recibidos serán valorados polo director da revista ou por un membro do consello de redacción, para comprobar que cumpren coa política editorial. Os traballos admitidos quedan en propiedade da revista e non poden ser reproducidos sen a súa autorización. A entrega dos traballo supón unha aprobación das políticas editoriais da Revista O Liceo Franciscano.
  • Os artigos, así como en formato en papel, poden publicalos a revista en plataforma dixital.
  • A extensión dos artigos será de 25 páxinas en formato A4 como máximo e de 15 como mínimo. Serán enviados en formato dixital en calquera versión de Word ao correo da secretaria de redacción: secretaria@liceofranciscano.es
  • Xunto co artigo enviarase:
    a. Título do artigo.
    b. Nome e apelidos do autor, adscrición académica, correo electrónico e breve curriculum vitae para incluír na web da revista.
    c. Un breve resumo do traballo en castelán e inglés xunto con cinco palabras crave.
    d. Listaxe bibliográfica coas obras empregadas no estudo.
  • Tipo de letra: Utilizarán “Times New Roman” para Windows, tamaño 12 para o texto e tamaño 10 para notas de pé de páxina.
    Os artigos terán un espaciado e 1,5 e sangrado na primeira frase de cada parágrafo.
    Non se poñerá un sumario na o comezo do capítulo, pois o resumo serve para facilitar ao lector os obxectivos e partes do texto. Cada epígrafe irá numerado correlativamente seguido dun punto. A letra será minúscula e en negrita. Exemplo: 1. A igrexa en Galicia. No caso de que existan divisións dentro de cada epígrafe numerarase co seu número correlativo correspondente: 1.1., 1.2. 1.3.
  • As citas de pé de páxina deben seguir os criterios establecidos no ámbito científico. O formato de cita será o ISO 690. Exemplos:
    • Citas de libros ordinarios e monografías:
      GARCÍA OURO, J., A reforma dos relixiosos españois en tempo dos Reis Católicos, Instituto Isabel a Católica, Valladolid, 1969 (Se procede indicar páxina).
      Se son varios volumes con título diferente: SCHMAUS, M., Teoloxía Dogmática, IV: A Igrexa, Rialp, Madrid, 1961.
      (Se se cita a 2ª edición ou outra posterior débese escribir entre corchetes [3ª ed.] despois do nome da editorial. Se se coñece, citar posteriormente a primeira edición, seguindo as mesmas directrices). O mesmo se se trata dunha tradución.
      Se son dous ou máis autores: GARCÍA OURO, J., e PORTELA SILVA, M. J., Felipe II e o Episcopado de Castela (1556-1596), Instituto Español de Historia Eclesiástica, Roma, 1998.
      En caso de citar un libro xa referenciado a fórmula empregada será con op. cit. e a data da monografía. Por exemplo:
      GARCÍA OURO, J: op. cit. 1969, p. (se procede incluír número de páxina. En caso de varias páxinas empregarase pp. Se se quere facer referencia á reflexión que empeza nunha páxina pero que dura varias onde se concentran outras ideas empregar o número de páxinas e seguintes (ss). Exemplo: pp. 34 e ss.
    • Cita de artigos en obras colectivas:
      CAL PARDO, E., "Don Manuel Fernández de Castro (1834 – 1905)", en PÉREZ LÓPEZ, S. L., (ed.): Testemuñas da Fe na Diocese de Mondoñedo-Ferrol, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago, 2003, pp. 75 – 109.
      A pesar de que na obra apareza o autor do volume con outra acepción como "coordinador" ou "compilador", empregar sempre a palabra editor, pois é como se indica actualmente. Entre paréntese (ed.) ou (eds.).
    • Cita de artigos en revistas (ou xornais):
      BARRIGUÍN FERNÄNDEZ, H., "Conventos que se asignaron á Provincia de San Pablo", Liceo Franciscano, Ano 65, Nº. 202-204 (2015), páxs. 28-38
    • Cita de voces en Dicionarios e enciclopedias:
      ILLANES, J.L., "Vocación", en Gran Enciclopedia Rialp 23 (1975) 659‐662.
      CONGAR, E., "Théologie", en DTC 15 (1946) 341‐502.
    • Cita de Pais da Igrexa e escritores eclesiásticos antigos:
      O nome do autor debe ser completo (GREGORIO MAGNO)
      A continuación da obra citada, seguida de dous puntos, hase de incluír a referencia da edición pola que se cita a obra. Por exemplo:
      GREGORIO NACIANCENO, Oratio 41,9: SC 358, 334. (ou ben: Sources Chrétiennes 358, 334.)
  • Os autores de artigos recibirán 3 exemplares da revista Liceo Franciscano.
  • Poderanse presentar un máximo de cinco fotografas por artigo. Terán que vir adxuntas a parte en formato .jpg ou .tiff a unha resolución de 300pp. A un tamaño de 150 x 250 mm ou superior. No texto debe figurar o lugar onde ten que ir cada unha das fotografías, así como a súa encabezamiento e pé de foto. Cada unha terán que vir con autorización para a súa reprodución, no caso de ser dunha institución pública ou privada ou dun particular. No encabezado figurará o título co que se queira referir á imaxe, mentres que no pé de foto a referencia de onde se sacou a fotografía, cando e se se coñece quen, así como datos pertinentes. Cada imaxe irá numerada e en negrita: Imaxe 1.
  • Non se establece unha limitación do número de cadros ou gráficas que axuden á comprensión do texto. Aínda que, os editores poden recomendar aos autores que reduzan o seu número se se considera que entorpece a lectura. Irán igualmente numerados de forma correlativa e en negrita cun punto e a continuación o encabezamiento (Cadro 1. // Gráfica 1.). No pé do cadro especificarase de quen é a elaboración do cadro e de onde se han obtidos os datos. No caso de que sexan procedentes do traballo doutro autor poñerase a cita seguindo o formato correspondente nestas normas.

Examinar revistas

Depósito Legal: C755-2003
ISSN: 0211-4011
e-ISSN: 2530-917X
CIRC: C

Visitar web
Editorial Eco Franciscano
Provincia Franciscana de Santiago

LICEO FRANCISCANO

Somos unha revista de estudos e investigación, de carácter semestral e fundada en 1930, cuxo obxectivo principal é divulgar investigacións no ámbito das ciencias humanas e relixiosas.

CONTACTO

  • Campillo de San Francisco, 3 - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: (+34) 981 58 16 00 extensión 375
  • E-mail: contacto@liceofranciscano.es

Copyright © 2017 Liceo Franciscano - Todos os dereitos reservados | Privado - Política de protección de datos - Cookies  //  Web realizada por Ikono.es

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.